Vistas de página en total

jueves, 7 de abril de 2011

NOVAS NA CASA DA ESTACIÓN!!!


-T e n d a   l i b r e. Poderás coller o que queiras, e se tes algo do que te queiras desfacer e aínda pode ser utilizado (libros, roupa, películas, etc) pódelo deixar aquí.


- B i b l i o t e c a. Leva o libro que te interese, e cando remates o devolves. Tamén podes donar os libros que xa non uses para facela máis grande e ter máis variedade.


- H o r t a   e c o l ó x i c a. Xa que comeza a época para sembrar, imos voltar co proxecto da horta ecolóxica, un sistema de cultivo onde non se emplean elementos químicos nin organismos xenéticamente modificados, para así obter alimentos orgánicos respetando o medio ambiente. Somos uns agricultores primerizos pero intentaremos que cun pouco de esforzo e a vosa axuda saia adiante e podamos disfrutar duns vexetais ecolóxicos e saudables.



ACTIVIDADES FIXAS
- A s e m b l e a   d a   c a s a, tódolos luns ás 19:00. Tratamos os asuntos relacionados coas actividades que se levarán a cabo na casa. Podes aportarnos as túas propostas
- O b r a d o i r o   d e  p e r c u s i ó n , cada dous martes ás 18:00, comezando o 12 de abril. Temos escaso material, mellor se traes o teu propio instrumento. O obradoiro é totalmente de balde.
- O b r a d o i r o   d e   m a l a b a r e s, tódolos xoves ás 18:00. Ven e aprende a facer malabares e a fabricalos (bolas, aros, paos chineses…) Temos material: bolas, bolas de rebote, mazas, aros, diábolo, paos chineses, caixas de puros, rulo e monociclo. Algún día facemos pompas de xabón xigantes!!! Tamén totalmente de balde.

Esperamos que vos animedes a participar. Un saúdo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario