Vistas de página en total

sábado, 5 de abril de 2014

PECHADO POR REFORMAS

Ola a todxs, moitxs vós diredes que poucas actividades se fan este ano na casa da estación. Pois ben, a cuestión é que estamos de obras, estamos acondicionando a casa de arriba a abaixo i preparando todo para o día do V Aniversario do centro social que será o día 24 de Maio. Queremos renovar completamente o centro social para facer novas e diferentes actividades.
Facemos tamén un chamamento a solidariedade, quen teña algún material por casa que non lle sirva tipo :
Pintura, madeira, cuberterias e vaixelas, materiais de construcción, materiais de insonorización, neveras, lavadoras,material electrico e iluminación, cristais vellos, para nós claquer tipo de axuda é benvida, xa que coma ben sabedes non recibimos subvencións nin as queremos, somos un colectivo 100% autoxestionado.
Por outro lado invitar a todo aquel ou aquela que queira colaborar na rehabilitación do centro social, todo tipo de axuda e colaboración para nos é moi importante. Temos unha fachada enorme e o interior por pintar, arreglar o baño, arreglar as hortas, acondicionar a barra, sanear a instalación electrica , así que si vós interesa aquí estamos.
Unha aperta e pronto estaremos dando guerra outra vez.
Saúde