Vistas de página en total

miércoles, 29 de octubre de 2014

VI Xornadas micolóxicas de Pontedeume


Cambios de última hora e actividades definitivas.


Os vindeiros 7, 8 e 9 de novembro, organizaremos as VI Xornadas micolóxicas de Pontedeume. O prezo de inscrición serán 20 euros os tres días. Por descontado queda que a xente que non teña recursos e non poda pagar a cantidade que se marque, terá igual dereito a asistir as xornadas.
Unha aperta e saúde.


Venres 7 de novembro no local do Colectivo Terra
20:30 h. Presentación das xornadas a cargo dun membro do C.S.O. A Casa da Estación.
20:40 h. Palestra "Introducción o mundo da micoloxía". A cargo de Manolo Costas, presidente da Asociación Micolóxica Viriato.


Sábado 8 de novembro no C.S.O. A casa da estación
9:00 h. Saída a Serra do Forgoselo. Desta vez nos acompañará o experto en micoloxía Jose Mª Traba Velay..
13:00 h. Descanso e pequeno pincho na Serra do Forgoselo.
15:00 h. Xantar micolóxico na Casa da Estación:
Menú: Empadas, patés micolóxicos, fideuá e revoltos.
17:00 h. Palestra acargo de Jose Mª Traba Velay , membro da Asociación micolóxica "Pan de raposo" de Cee.
"O xénero Russsula"
18:50 Concurso a mellor cesta de cogumelos. Para participar hai que estar inscrito nas xornadas, e consiste en traer unha cesta con dez especies perfectamente catalogadas. (Como agasallo un libro sobre micoloxía )
19:15h. Palestra etnomicoloxía "Aspectos culturais e curiosidades sobre o fungo matamoscas".
José María Costa Lago
Asociación Micolóxica Pan de Raposo
Se xuntamos un grupo de nenos e lles pedimos que debuxen un cogomelo, probablemente un bo número deles representarán na cartolina o típico fungo con forma de paraugas e co sombreiro vermello pintarraxado de lunares brancos. Probablemente tamén algúns deles situarán ao seu carón un enaniño, duende, gnomo ou pitufo, como prefiramos chamarlle. O cogomelo representado non é outro que Amanita muscaria, o fungo dos contos infantís, o fogar dos gnomos do bosque e tamén, para moitos, a seta máis fermosa de todas.
Refuxiada nese mundo de “Irmáns Grimm”, a Amanita muscaria é vítima dun paradoxo cultural, dunha contradición. Por un lado a súa visión produce alegría, curiosidade e nunca deixa indiferente (por iso aparece tanto no mundo da publicidade, porque é unha seta que vende). Pero por outro é considerada por moita xente un fungo moi velenoso e incluso mortal, o máis tóxico de todos, cando non o é.
Esta charla, que leva por título “Amanita muscaria: Aspectos culturais e curiosidades sobre o fungo matamoscas” ten como principal obxectivo mergullar nas causas deste paradoxo, así como divulgar unha serie de datos e curiosidades sobre a Amanita muscaria e que foron recompiladas xa hai uns anos, cando o meu compañeiro Chemi Traba, nunhas xornadas micolóxicas organizadas por PAN DE RAPOSO, emprazoume para esa tarefa.
Na súa conferencia sobre “Curiosidades no mundo dos fungos”, avisaba Chemi da enorme cantidade de literatura e folclore que había en torno ao noso rebentabois. Eu podo dar fé. Froito das miñas pescudas é este traballo do que lles adianto este
GUIÓN-RESUMO
Presentación: Exposición de motivos.
Bloque 1: Amanita muscaria. Descrición.

Caracteres macroscópicos e organolépticos. Caracteres microscópicos: a esporada.
Relación de Amanita muscaria con outras plantas: o hábitat.
Especies afíns, variedades e posibilidades de confusión.
Composición química e toxicidade: muscarina, ácido iboténico e muscimol. Síntomas e tratamento. Comestibilidade.
As peculiares relacións da Amanita muscaria con certos animais:
Vacas, renos e caribúes: animais que se drogan.
As moscas: Amanita muscaria como insecticida natural.
O sapo: compañeiro de tabú e toxicidade.

Bloque 2: Unha aproximación etnomicolóxica. O fungo na orixe das relixións.
Definición de etnomicoloxía.
R.G.Wasson: datos biobibliográficos. Algúns conceptos: micolatría, micofilia vs. micofobia, enteóxenos.
Siberia e o chamanismo: os petróglifos de Dikov.
Colectánea de datos etnográficos.
A cuestión do Soma védico.
Amanita muscaria no Novo Mundo: os Ojibway e os Dogrib. A civilización maia: o Popol Vuh e os Fungos-pedra.
Amanita muscaria en Europa: as Árbores-fungo da arte cristiana medieval. Herexías e bruxerías medievais: cátaros, valdenses e priscilianistas. As plantas das meigas. A furia guerreira dos bersekir.
Bloque 3 : Amanita muscaria na cultura popular.
Cataluña: paraíso de duendes e gnomos.
Bo Nadal e Prospero Aninovo: Papa Noel e os travesos Tengu.
Amanita muscaria na literatura e no cine:
“Alice in wonderland” de Lewis Carroll.
“El oso” de J.J. Annaud.
Arte e publicidade. Amanita muscaria no mundo de todo a cen.
21:00 h. Ruta de pinchos micolóxicos polos bares da vila. (Bar O Trasteiro, Bar O Varadoiro)


Domindo 9 de novembro
10:00h. Saída as Fragas do Eume con Jose Mª Costa Lago.
15:00h. Xantar micolóxico ( bar O Trasteiro).
18:00h. Peche das xornadas.

Puntos de inscrición:
C.S.O. A casa da estacion
Local do Colectivo Terra Pontedeume
Bar O Trasteiro
Bar O Varadoiro
Haberá sitio pra durmir avisando con antelación.