Vistas de página en total

lunes, 4 de febrero de 2013

Asamblea aberta para a creación dunha Cooperativa ecolóxica



Nestes tempos de crise, nos que a maioría de alimentos están producidos baixo unhas condicións artificiais e tratados a base de pesticidas e químicos moi perxudiciais para a saúde, no que o traballo asalariado parece que é o único modelo laboral lexítimo -enriquecendo xs mesmxs de sempre baixo condicións de explotación e salarios irrisorios para xs traballadorxs-, queremos propoñer a creación dunha cooperativa local, ecolóxica, que nos axude a tomar as rendas da nosa alimentación, saúde e traballo. A ser nós mesmxs xs que cultivemos os nosos alimentos e a ser nós xs que nos axudemos dunha maneira xusta e igualitaria, dando así resposta directa a esta dura situación dende o asemblearismo e a autoxestión cidadá.

Polo cal convidamos a todxs a participar na asemblea aberta que se celebrará na Casa da Estación o sábado 2 de marzo a partir das 17.30 horas, na que trataremos asuntos moi diversos como a recuperación de hortas en cesión, a creación dunha rede de apoio -na que poden estar representados diferentes gremios como (artesesanía, fontanería, albanelería, educación, informática, etc.)- e a creación dun grupo de consumo consciente.


Somos coñecedorxs doutros intentos para formar unha cooperativa de consumidores no pobo e do interese que desperta poder acceder a unha alimentación e a un traballo sen intermediarixs, nin gravames abusivos, nin toxicidade. Entendemos que é un bó momento para retomar o asunto e perfilar de novo, entre todxs, o que queremos dunha cooperativa.


Estas son algunhas das ideas que propoñemos e que se debatirán, xunto co que todxs vós queirades compartir, na vindeira asemblea:

-Banco de terras: existen propostas de varias persoas de cesión de terras para o cultivo de hortas na vila e arredores.

- Cooperativa de consumidorxs conscientes: no grupo conseguiremos obter productos de alta calidade ecolóxicos a un prezo xusto.

- Grupo de produtorxs locais: se tes unha horta e queres producir en ecolóxico e despois vender ou trocar sen intermediarixs esta é a tua oportunidade, queremos crear unha rede de produtorxs e consumidorxs na cal o fruto das hortas teña unha saída fácil e directa.

-Cooperativa integral.

- Rede de troco.

-Intercambio de sementes e recuperación das mesmas.


Nos gustaría contar coa presenza de tódolos colectivos da zona, asosiacións de veciñxs e demáis xente a título particular que poda estar interesada no proxecto.
Fronte a crise, organízate e participa dunha maneira xusta, directa e democrática na tua vida e na tua vila.