Vistas de página en total

lunes, 10 de noviembre de 2014

NOITE DO METAL NO CSO A CASA DE ESTACIÓN.


O día 15 de Novembro, no CSO A Casa da Estación de Pontedeume 
contaremos coa presenza de tres grupazos de metal:
Sacrament (Narón) - https://soundcloud.com/Sacrament-Thras
Serán 3 euriños de entrada e prezos populares!!

miércoles, 29 de octubre de 2014

VI Xornadas micolóxicas de Pontedeume


Cambios de última hora e actividades definitivas.


Os vindeiros 7, 8 e 9 de novembro, organizaremos as VI Xornadas micolóxicas de Pontedeume. O prezo de inscrición serán 20 euros os tres días. Por descontado queda que a xente que non teña recursos e non poda pagar a cantidade que se marque, terá igual dereito a asistir as xornadas.
Unha aperta e saúde.


Venres 7 de novembro no local do Colectivo Terra
20:30 h. Presentación das xornadas a cargo dun membro do C.S.O. A Casa da Estación.
20:40 h. Palestra "Introducción o mundo da micoloxía". A cargo de Manolo Costas, presidente da Asociación Micolóxica Viriato.


Sábado 8 de novembro no C.S.O. A casa da estación
9:00 h. Saída a Serra do Forgoselo. Desta vez nos acompañará o experto en micoloxía Jose Mª Traba Velay..
13:00 h. Descanso e pequeno pincho na Serra do Forgoselo.
15:00 h. Xantar micolóxico na Casa da Estación:
Menú: Empadas, patés micolóxicos, fideuá e revoltos.
17:00 h. Palestra acargo de Jose Mª Traba Velay , membro da Asociación micolóxica "Pan de raposo" de Cee.
"O xénero Russsula"
18:50 Concurso a mellor cesta de cogumelos. Para participar hai que estar inscrito nas xornadas, e consiste en traer unha cesta con dez especies perfectamente catalogadas. (Como agasallo un libro sobre micoloxía )
19:15h. Palestra etnomicoloxía "Aspectos culturais e curiosidades sobre o fungo matamoscas".
José María Costa Lago
Asociación Micolóxica Pan de Raposo
Se xuntamos un grupo de nenos e lles pedimos que debuxen un cogomelo, probablemente un bo número deles representarán na cartolina o típico fungo con forma de paraugas e co sombreiro vermello pintarraxado de lunares brancos. Probablemente tamén algúns deles situarán ao seu carón un enaniño, duende, gnomo ou pitufo, como prefiramos chamarlle. O cogomelo representado non é outro que Amanita muscaria, o fungo dos contos infantís, o fogar dos gnomos do bosque e tamén, para moitos, a seta máis fermosa de todas.
Refuxiada nese mundo de “Irmáns Grimm”, a Amanita muscaria é vítima dun paradoxo cultural, dunha contradición. Por un lado a súa visión produce alegría, curiosidade e nunca deixa indiferente (por iso aparece tanto no mundo da publicidade, porque é unha seta que vende). Pero por outro é considerada por moita xente un fungo moi velenoso e incluso mortal, o máis tóxico de todos, cando non o é.
Esta charla, que leva por título “Amanita muscaria: Aspectos culturais e curiosidades sobre o fungo matamoscas” ten como principal obxectivo mergullar nas causas deste paradoxo, así como divulgar unha serie de datos e curiosidades sobre a Amanita muscaria e que foron recompiladas xa hai uns anos, cando o meu compañeiro Chemi Traba, nunhas xornadas micolóxicas organizadas por PAN DE RAPOSO, emprazoume para esa tarefa.
Na súa conferencia sobre “Curiosidades no mundo dos fungos”, avisaba Chemi da enorme cantidade de literatura e folclore que había en torno ao noso rebentabois. Eu podo dar fé. Froito das miñas pescudas é este traballo do que lles adianto este
GUIÓN-RESUMO
Presentación: Exposición de motivos.
Bloque 1: Amanita muscaria. Descrición.

Caracteres macroscópicos e organolépticos. Caracteres microscópicos: a esporada.
Relación de Amanita muscaria con outras plantas: o hábitat.
Especies afíns, variedades e posibilidades de confusión.
Composición química e toxicidade: muscarina, ácido iboténico e muscimol. Síntomas e tratamento. Comestibilidade.
As peculiares relacións da Amanita muscaria con certos animais:
Vacas, renos e caribúes: animais que se drogan.
As moscas: Amanita muscaria como insecticida natural.
O sapo: compañeiro de tabú e toxicidade.

Bloque 2: Unha aproximación etnomicolóxica. O fungo na orixe das relixións.
Definición de etnomicoloxía.
R.G.Wasson: datos biobibliográficos. Algúns conceptos: micolatría, micofilia vs. micofobia, enteóxenos.
Siberia e o chamanismo: os petróglifos de Dikov.
Colectánea de datos etnográficos.
A cuestión do Soma védico.
Amanita muscaria no Novo Mundo: os Ojibway e os Dogrib. A civilización maia: o Popol Vuh e os Fungos-pedra.
Amanita muscaria en Europa: as Árbores-fungo da arte cristiana medieval. Herexías e bruxerías medievais: cátaros, valdenses e priscilianistas. As plantas das meigas. A furia guerreira dos bersekir.
Bloque 3 : Amanita muscaria na cultura popular.
Cataluña: paraíso de duendes e gnomos.
Bo Nadal e Prospero Aninovo: Papa Noel e os travesos Tengu.
Amanita muscaria na literatura e no cine:
“Alice in wonderland” de Lewis Carroll.
“El oso” de J.J. Annaud.
Arte e publicidade. Amanita muscaria no mundo de todo a cen.
21:00 h. Ruta de pinchos micolóxicos polos bares da vila. (Bar O Trasteiro, Bar O Varadoiro)


Domindo 9 de novembro
10:00h. Saída as Fragas do Eume con Jose Mª Costa Lago.
15:00h. Xantar micolóxico ( bar O Trasteiro).
18:00h. Peche das xornadas.

Puntos de inscrición:
C.S.O. A casa da estacion
Local do Colectivo Terra Pontedeume
Bar O Trasteiro
Bar O Varadoiro
Haberá sitio pra durmir avisando con antelación.

martes, 1 de julio de 2014

Concerto Morroplastia (Punk Madrid) +Avt (Punk madrid) + King Kayman (One man band garage)


O vindeiro 5 de xullo daremos a benvida o verán con estes grupazos que veñen dende Madriz.

http://morroplastia.bandcamp.com/
http://avtpunk.bandcamp.com/
http://kingcayman.bandcamp.com/


A festa será no Cso A casa da estación
Pontedeume avenida de Ferrol número 71 o carón da estación de tren.

lunes, 16 de junio de 2014

Presentación do libro " Guía para o descenso enerxético" venres 27 de xuño as 20:30 h

Véspera de Nada nace coa intención de tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativas e persoas que buscan un futuro para a nosa terra nun contexto de escaseza enerxética permanente que xa comezou.

Queremos concienciar á poboación galega acerca do fenómeno do cénit da extracción mundial de petróleo e dar a coñecer as opcións que temos como individuos e como país para afrontar esta punto de inflexión na Historia da Humanidade.

(http://www.vesperadenada.org/ )


Pontedeume , avenida de Ferrol número 71

martes, 15 de abril de 2014

V Aniversario do C.S.O. A casa da estación





Os vindeiros 9 e 10 de maio, despois de moitas reformas que se fixeron pola casa, celebraremos xunto con vós o V aniversario do centro social okupado A casa da estación.

Venres día 9 de maio

Exposición de fotografías e carteis

20:30 Palestra “Okupación e loitas locais”.

23:00 Campionato de futbolín.


Sábado día 10 de maio

12:30 Actividades para nenas e nenos

15:00 Xantador vegano solidario

17:30 Palestra " O movemento de okupación, casos concretos da Galiza e a historia e loita do CSO Eskuela Taller de Alcorcón”.

22:00 Concertos (a entrada é de balde, mais haberá un bote pola autoxestión da casa no que vós decidides canto queredes aportar a este proxecto. Grazas a vosa axuda poderemos seguir facendo actividades no centro social)

Tardepiache (Fusión,  Ska dende Trasancos)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=XZmFqCsOK3Q
https://www.youtube.com/watch?v=3LpY6-7Vwro


PÖLISONG (Hard Rock dende Ferrolterra)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=Nyp9dB54dD8
Eskakeo (Rock and Roll dende Narón)
Máis información:

https://www.youtube.com/watch?v=hoNVVxEqN34

The Fe Kaos (Punk de chabola dende Ribeira)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=t9mMmDIJEjA
Javi Chiru (Cantautor dende Monfero)

La Orquesta apesta (Versións Punk dende Coruña)

O centro social é un proxecto aberto e asembleario no que todo o mundo pode participar. As asembleas son os venres ás 21:00 na casa, estades todxs convidadxs a colaborar no proxecto.
Unha aperta e ata pronto.

sábado, 5 de abril de 2014

PECHADO POR REFORMAS

Ola a todxs, moitxs vós diredes que poucas actividades se fan este ano na casa da estación. Pois ben, a cuestión é que estamos de obras, estamos acondicionando a casa de arriba a abaixo i preparando todo para o día do V Aniversario do centro social que será o día 24 de Maio. Queremos renovar completamente o centro social para facer novas e diferentes actividades.
Facemos tamén un chamamento a solidariedade, quen teña algún material por casa que non lle sirva tipo :
Pintura, madeira, cuberterias e vaixelas, materiais de construcción, materiais de insonorización, neveras, lavadoras,material electrico e iluminación, cristais vellos, para nós claquer tipo de axuda é benvida, xa que coma ben sabedes non recibimos subvencións nin as queremos, somos un colectivo 100% autoxestionado.
Por outro lado invitar a todo aquel ou aquela que queira colaborar na rehabilitación do centro social, todo tipo de axuda e colaboración para nos é moi importante. Temos unha fachada enorme e o interior por pintar, arreglar o baño, arreglar as hortas, acondicionar a barra, sanear a instalación electrica , así que si vós interesa aquí estamos.
Unha aperta e pronto estaremos dando guerra outra vez.
Saúde

jueves, 27 de marzo de 2014

Manifestación o sábado día 29 contra o desaloxo do C.S.O. Palavea

Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da gardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo unicamente durmía no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandoada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.

O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde.

Tras varios anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron rematar coa inmensa insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do capitalismo e da xerarquía para devolvelo ao redil do mercado.

Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:

ESTE SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS ÁS 19:00H DIANTE DO OBELISCO.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS

UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

martes, 25 de marzo de 2014

Desaloxado o C.S.O. Palavea

Desaloxado o C.S.O. Palavea. Concentración hoxe e manifestación o sábado.

Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da gardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo unicamente durmía no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandoada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.

O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde.

Tras varios anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron rematar coa inmensa insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do capitalismo e da xerarquía para devolvelo ao redil do mercado.

Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:

ESTE SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS ÁS 19:00H DIANTE DO OBELISCO.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS

UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

miércoles, 12 de marzo de 2014

Xornadas de resistencia no C.S.O. Palavea

Ante o inminente desaloxo que se pode producir a partir do luns día 17 de marzo, o C.S.O. Palavea organiza unhas xornadas de resistencia contra a orde de abandonar o centro social.

martes, 18 de febrero de 2014

Presentacion do libro " La vuelta a la naturaleza" por Josep María Roselló

   
O vindeiro venres 21 de febreiro a partir das 20.30h no CSO A Casa da Estación de Pontedeume terá lugar a presentación do libro La vuelta a la Naturaleza a cargo de Josep María Roselló
  


Máis información:
http://www.soliobrera.org/pdefs/cuaderno4.pdf
http://www.lamalatesta.net/product_info.php/products_id/832

jueves, 13 de febrero de 2014

IX Encontro da Rede Galega de Sementes

Sábado 15 de febreiro

CAMBIO DE ÚLTIMA HORA polo tempo...


O Encontro terá lugar no MATADOIRO

Rúa José García Acuña / Rúa Marina, Betanzos

Trae as túas sementes para trocar!

Programa:
10.00h Apertura da feira
11.00h Apertura da mesa de troco
11.30h Presentación da RGS en Betanzos
12.00h Obradoiro de " Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta"

14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!

18.30h Charla- Debate " Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado". Casos concretos na Galiza:

- Megaminería destructiva na costa da morte. Contraminate
- Cenit do petróleo, transición e resiliencia. Véspera de nada
- Lei de Augas
- Tranxénicos e soberanía alimentaria

19.00 Peche da mesa de troco

e ó longo do día: música para acompañar a xornada, feira de produtores ecolóxicos e artesáns, xogos para crianzas

NOTAS: - A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h
- Haberá carpas e en caso de temporal a xornada será no Matadoiro
( Rúa José García Acuña / Rúa Marina, Betanzos)

http://redegalegadesementes.wordpress.com

miércoles, 12 de febrero de 2014

Nova okupación na Sala Iago

Acabanos de chegar esta gran noticia o noso correo:

Acaba de reabrirse a Sala Iago(okupada)

Acude e apoia a okupación. Fagamos da Sala Iago un espacio horizontal para a veciñanza, construamos unhas novas condicións de existencia e comecemos xa!!!!!!!

move esta mensaxe!!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 17 de enero de 2014

Contra o desaloxo do C.S.O. Palavea

Coma todxs sabedes, o espazo liberado de Palavea, esta en risco de desaloxo inminente por orden xudicial. Intentaremos informar de concentracións de apoio así coma de outras convocatorias enviadas polos compañeirxs deste centro social a medida que nos vaian chegando noticias.
UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN !!!