Vistas de página en total

martes, 22 de octubre de 2013

V Xornadas Micolóxicas de Pontedeume







Os vindeiros 15,16 e 17 de novembro terán lugar ás V Xornadas micolóxicas de Pontedeume. Este ano, ademais do programa e o espazo habitual, contaremos coa participación do Colectivo Terra, con varios estabelecementos de hostalaría da vila que farán unha pequena ruta de petiscos micolóxicos, e cunha exposición permanente de cogomelos no CSO A Casa da Estación.

DATA: venres día 15 de novembro
HORA: 20.15 horas
LUGAR: Colectivo Terra
ENDEREZO: Boa Vista, 8, baixo, Pontedeume
ACTIVIDADE:
Presentación das xornadas.
A partir das 20.30 horas: palestra/obradoiro “Conservación e envasado de cogomelos” a cargo de Manolo Costas (Presidente da Asociación micolóxica Viriato)
Ademáis teremos a ocasión de desfrutar da
presentación do libro Os cogomelos na cociña e outras cousas.
Máis información:

DATA:
sábado 16 de novembro
LUGAR: C.S.O. A Casa da Estación
ENDEREZO: Avenida de Ferrol, 71, Pontedeume
http://csocasadaestacion.blogspot.com.es/

HORA: 8.30 horas
ACTIVIDADE: saída a Serra do Forgoselo a recolectar e clasificar cogomelos. Virán con nós Luis Cuba e Antonio Díaz, grandes micólogos e cociñeiros. Aprenderemos as nocións básicas para a clasificación de cogomelos e algún que outro consello de cociña.
Máis información:

HORA: 15.00 horas
ACTIVIDADE: xantar popular
Menú: empanadas, croquetas,sopa de outono, carpaccio de edulis, arroz cremoso e de sobremesa, membrillo con cantarelo. Na cociña contaremos coa participación de
Antonio Díaz, gran cociñeiro e micólogo.
Máis información:

HORA: 18.30 horas
ACTIVIDADE: concurso á mellor cesta de cogomelos. Haberá que presentar 10 especies perfectamente catalogadas e facer unha breve exposición.
Xurado composto por Jose María Costa, Antonio Díaz e Luis Cuba. Como premio un lote de libros sobre micoloxía.

HORA: 19.00 horas
ACTIVIDADE: palestra “Etnomicoloxía e curiosidades sobre os gasteromycetes” a cargo de Jose María Costa Lago (micólogo e membro da Asociación micolóxica - naturalista Pan de raposo)
Máis información:

Introducción:
Grupo tan artificial como polifilético, os gasteromycetes son un grupo de fungos moi coñecidos a nivel popular. A súa variada e vistosa macroscopía, moi alonxada dos típicos agaricais con forma de paraugas e os peculiares cheiros dalgunhas especies chamaron moito a atención tanto do home e da muller do campo como dos primeiros naturalistas. Aínda así son considerados nos círculos micófilos como fungos de “segunda orde”. Algo lamentable, pois para o afeccionado á micoloxía de campo tódolos fungos deben ter a mesma dignidade.

HORA: 20.30 horas
ACTIVIDADE: sairemos pola vila a facer unha ruta de petiscos micolóxicos acompañados por uns/unhas gaiteirxs. Polo de agora participan Bar O trasteiro e Bar O varadoiro.

DATA: domingo 17 de novembro
HORA: 9.00 horas
LUGAR: C.S.O. A Casa da Estación
ENDEREZO: Avenida de Ferrol, 71, Pontedeume
ACTIVIDADE: saída as Fragas do Eume xunto a Jose María Costa Lago, experto en ascomicetos (soamente para clasificar e desfrutar da natureza, non para recolectar).Tamén estará Alberto López Teixido, doctorando en bioloxía i estudioso das Fragas do Eume, con el aprenderemos a clasificar todo tipo de árbores e saberemos como funciona un ecosistema como o das Fragas do Eume.

HORA: 15.30 horas
ACTIVIDADE: xantar micolóxico.
LUGAR: Bar O trasteiro
http://www.google.es/url?q=https://www.facebook.com/Bar.O.trasteiro&sa=U&ei=xVByUpKLA-aR7Aa-woHwDA&ved=0CB8QFjAA&usg=AFQjCNH6GdIfmmBsDOV16cU_W7Q14mn8mA

Para inscribirse nas xornadas mandade un mail co voso nome e apelidos a seguinte dirección (csoadaestacion@gmail.com).
Unha aperta e saúde

martes, 15 de octubre de 2013

CONCERTO THC (VERSIÓNS PUNK E ROCK) 19 de outubro

   
   O vindeiro sábado 19 de Outubro as 22:30 h.  teremos outra noite de festa a cargo do grupo residente THC , de volta despois dun tempo de parón ofrecendo versións de Kortatu, Leño, Barricada,Rip. La Polla ...
   

 

domingo, 8 de septiembre de 2013

Resultado da rifa solidaria.

Boas, comunicamos a toda a xente que mercou unha rifa solidaria, que o sorteo cambiarase para o día 14 de setembro.
Unha aperta e desculpade as molestias.

lunes, 19 de agosto de 2013

II Xornadas anarquistas e Festival Punkxea








II Xornadas anarquistas e II Festival Punkxea / Pontedeume, 13 e 14 de setembro de 2013

venres 13

19:30 horas: presentación das xornadas.

20:00 horas: presentación do Grupo Humanidad libre de Lugo e palestra “Historia do anarquismo e anarcosindicalismo dende o ano 1864 ata 1939” a cargo dxs compañeirxs do Grupo Acción directa de Vigo.

Máis información:

http://liberarlasmentes.blogspot.com.es/2012/03/grupo-humanidad-libre-fai.html

21:30 horas: música libre (trae o teu instrumento e únete a improvisación).

23:00 horas: campionato de futbolín (2€ por parella) e como premio un trofeo e un lote de libros.

sábado 14

12:00 horas: actividades para nenxs nas que haberá espectaculo de circo e malabares e obradoiro de pintura.

13:30 horas: faremos a comida entre todxs.

15:30 horas: xantador solidario (tódolos cartos recadados irán destinados a pagar xs abogadxs que levan a causa penal aberta a varixs compañeirxs na XIII Marcha a cadea de Teixeiro).

17:30 horas: presentación da asociación Nais contra a impunidade, que naceu no ano 2012 e que loita para que as vítimas de tortura e malos tratos non fiquen condenadas ao esquecemento. En memoria de Xosé Tarrío e Diego Viña, mortos baixo custodia policial e carcelaria e cuxa desaparición forzosa e cruel ficou nin investigada nin esclarecida.



19:00 horas: presentación da revista anarquista Abordaxe. Contrainformación, artigos de investigación, noticias, etc., do anarquismo galego e internacional. De formato dixital e tamén con edicións especiais en papel.

Máis información:

http://abordaxerevista.blogspot.com.es/



22:30 horas II FESTIVAL PUNKXEA

Monstruación (Punk dende Corneyá):
Mítica banda punk formada no ano 1984.

http://monstruacion.bandcamp.com/

http://r-evolutionpunk.blogspot.com.es/2010/08/monstruacion-mienten-cotxeres-de-sants.html
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=xW6QmqAqRJw#!
http://www.youtube.com/watch?v=Y3WXOxc5WfA
http://www.youtube.com/watch?v=he3fq52zBxg

Bitxo Bola (Cantautor punk presentando novos temas):
http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://www.youtube.com/watch?v=_pNaDe2S7zk

Debakle (Punk dende Valladolid):

http://www.debakle.com/

http://www.youtube.com/watch?v=M-OGDXQEPHY
http://www.youtube.com/watch?v=QolpqlOoXkg
http://www.youtube.com/watch?v=43Axpp1zEFg

Brodio (Punk dende Carral)
https://www.facebook.com/photo.php?v=616349421727804&set=o.137540099740638&type=2&theater


Durante tódalas xornadas haberá espazo dispoñible para pintar ou facer grafiti colectivo.
Tamén serán benvidas as distribuidoras alternativas, artesanía, produtos de horta, etc. Se habilitará un espazo para montar unha pequena feira que estará aberta durante as xornadas.

Tódolos cartos recadados de entrada e inscricións serán destinados a pagar multas e os desprazamentos dos grupos musicais e da xente que dará as palestras.

CS0 A Casa da estación
Avenida de Ferrol 71
Punktedeume, onde o punk non morre nunca.

domingo, 21 de abril de 2013

IV Aniversario do C.S.O. A Casa da estación 17 e 18 de maio



IV ANIVERSARIO DO C.S.O. A CASA DA ESTACIÓN


VENRES 17 DE MAIO

22.00 horas Cabaret, improvisación teatral e repichoca poética (homenaxe a Roberto Vidal Bolaño), entrada gratuíta.

24.00 horas Campionato de futbolín. O custo é de 2€ por parella. Como agasallo un diploma e un trofeo feito na casa.

SÁBADO 18 DE MAIO

15.00 horas Xantador popular pro-presxs (nesta ocasión en solidariedade coa compañeira Noelia Cotelo).

17.30 horas Palestra sobre a represión na cadea. Estará con nós a mai de Noelia Cotelo, vítima da indefensión frente a ansia exterminadora do Estado das individualidades libres e rebeldes.

22.00 horas Concerto. A entrada é de 4€ e servirá para autoxestionar tódalas actividades.

KASO APARTE (punk Rodeiro)
 http://www.myspace.com/kasoaparte


RETOBATO (punk de Trasancos)

COMANDO ROBALISA (punk en galego dende Portosín)

ARGÓN (punk rock metal dende Fene)

THE MIFFIS (dende Sada, tributo a banda mítica The Misfits)

unha forte aperta e saúde.

C.S.O. A Casa da Estación, avda. de Ferrol, nº 71, Pontedeume
http://www.csocasadaestacion.blogspot.com.es/
C.S.O. A Casa da estación
Avenida de Ferrol Número 71, Pontedeume (A coruña)
Conexión con AP9, A8, tren e autobús.

viernes, 5 de abril de 2013

Asemblea aberta da Cooperativa ecolóxica Balbino





Queda convocada para mañá as 17:30 h. no C.S.O. A Casa da estación, a próxima asemblea da Cooperativa ecolóxica Balbino

lunes, 18 de marzo de 2013

Ni búsqueda ni captura ni prisión para Enric Duran

Hemos iniciado esta recogida de firmas: oiga.me/es/campaigns/ni-busqueda-ni-captura-ni-prision-para-enric-duran

Exige a la Audiencia Provincial de Barcelona que anule el decreto de búsqueda, captura e ingreso en prisión de Enric Duran anunciada este 13 de marzo.

Enric Duran no se presentó al juicio en el que le piden 8 años de prisión, porque no piensa que el sistema judicial esté legitimado para juzgarlo. Sostiene que resulta más recíproco con la sociedad si está libre que encarcelado. Ha escrito una Carta Pública dirigida al tribunal, en el que manifiesta que no aceptará ninguna decisión de la que no pueda participar. Por este motivo ha anunciado que presentará una propuesta de reciprocidad que beneficie a toda la sociedad.

Con esta recogida de firmas exigimos en la Audiencia Provincial de Barcelona que denieguen la petición de búsqueda, captura y encarcelamiento de Enric Duran, realizada por la Fiscalía y 16 entidades financieras (Cajamadrid, La Caixa, CAM, Santander Consumer, Bancaja , Caixa Sabadell, Caja Galicia, El Corte Inglés, Barclays, General Electric Bank, Bankpyme, Banco Sygma, Cetelem, Cofidis, Finconsum, Citifin) después de haber pedido prestados 492.000 euros, no haberlos devuelto y haberlos destinados al desarrollo de proyectos de autogestión que después de años de estudio y construcción han culminado en el movimiento de las cooperativas integrales.

La situación actual del proceso judicial de Enric Duran está en un impase después de que no se presentara al juicio del 12 de febrero. Se ha sabido este 13 de marzo la resolución de la Audiencia Provincial que decreta búsqueda, captura y prisión para Enric Duran, tal y como había pedido el fiscal el dia del juicio. Esta sentencia se recorrerá por nulidad dado que no consideramos legítimo que se puedan decretar cambios en una situación legal sin que exista una persona responsable de la defensa.

Pase lo que pase, Enric no tiene ninguna intención de colaborar en un juicio en su contra que no considera la motivación política de la acción, y en concreto el argumento legal del estado de necesidad, al haber desestimado los 23 testigos de la defensa que presentó -entre los que figuran los presidentes de los consejos de administración de algunas de las entidades bancarias acusadoras, los ex-empleados de oficinas bancarias que debían declarar sobre las facilidades con que se otorgaban créditos , así como a un representante de los inspectores del Banco de España en relación con un informe remitido a esta institución que alertaba del ‘desbocado’ funcionamiento del sistema financiero español en la época de los hechos-. Enric Duran no considera que el sistema judicial esté legitimado para juzgarlo. Y sostiene que puede ser mucho más recíproco con la sociedad si está libre que encarcelado, por lo que ha redactado una carta abierta dirigida al tribunal, en la que manifiesta que no aceptará ninguna decisión en la que no pueda participar, porque cree en un método de gestión de los conflictos en el que todas las personas afectadas puedan participar. Por este motivo ha anunciado que presentará una propuesta de reciprocidad que beneficie a toda la sociedad.

Enric Duran ha manifestado que se ha empezado a proteger de manera preventiva, ya antes de estar en busca y captura. Avisó que es una decisión meditada, y que significa el inicio de un nuevo proyecto colectivo con el que se pretende generar una estructura colectiva para impedir que ninguna persona desobediente vaya a la cárcel.

Con todo ello exigimos al Tribunal que espere a la propuesta de Enric Duran y anule el decreto de su búsqueda, captura e ingreso en prisión.

También podéis dar apoyo a Enric Duran participando en la campaña de cofinanciación que se está haciendo en Coopfunding para que ni él ni ningún desobediente vayan a la cárcel.

Nota: puede conocer más detalle de estas informaciones en los siguientes comunicados:

La desobediencia, la única opción para garantizar que se respeten mis derechos hoy (12 de febrero de 2013)

Ni leyes para mantener las desigualdades, ni juicios que perpetúen la opresión. Por otra manera de evaluarnos, reconstruyamos el ser comunitario (20 de febrero 2013)

Generalicemos la desobediencia, extendamos la Revolución Integral. Llamamiento a la acción (22 de febrero 2013)

Ningún desobediente a la cárcel. Una carta abierta al poder y un nuevo proyecto colectivo (28 de febrero 2013)



Publicado en: http://enricduran.cat/es/recogida-de-firmas-ni-busqueda-ni-captura-ni-prision-para-enric-duran/ (desde aquí también se puede firmar)

viernes, 15 de marzo de 2013

Palestras na Galiza: Contextualización da Reforma do Código Penal

A cargo de membros da publicación anarquista Todo por Hacer, terán lugar esta finde en Compostela na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" este venres 15 às 18:30' , en Pontedeume no CSO Casa da Estacion, o sábado ás 19:30 e en Coruña no CSO de Palavea o domingo ás 18h

A última reforma do CP, que se atopa en fase de proposta de enmendas e de “debate” nas Cortes Xerais, vai supoñer unha serie de novidades de maior ou menor trascendencia, como a aprobación da cadea perpetua ou o endurecemento das penas asociadas a varios delitos.

Para entender esta reforma, sen embargo, é necesario contextualizala no tempo e no espazo, así como ideolóxica e sociolóxicamente. Para iso, faremos un brevísimo percorrido pola historia do CP e do cárcere como institución, centrándonos con maior profundidade nas reformas lexislativas da última década. Desta maneira, poderáse concluir que a última reforma penal non é máis que a derradeira volta de porca dun proceso que se está a xestar dende fai moitos anos.

Os cárceres están cheos de pobres e disidentes e a reforma do CP de 2012-2013 axudará a que isto siga a ser así.

Material de apoio: Artículo"La reforma del Código Penal: Una vuelta de tuerca más a la represión"

Outros artigos indirectamente relacionados pero que axudan a contextualizar a charla son:

- :"Cuando resulta más fácil encerrar que tratar"
- :"Los ajustes del capital. Represión y gasto social en la cárcel"
- :"Su ley, su trampa"

Páxinas web:
www.todoporhacer.org,
www.boletintokata.wordpress.com,
www.puntodefuga.org,
www.derechopenitenciario.com,
www.carceligualtortura.blogspot.com.es,
www.ikusbide.org,
www.salhaketa.org
www.ala.org.es

martes, 12 de marzo de 2013

ESPERANOS UN DOMINGO DURISIMO Fest (Cso A Casa Da Estacion 23-3-2013) Perras Salvajes + The Burning Lust + Black Panda + Extincion + Inu + Arsian


    C.S.O. A Casa da estación

ESPERANOS UN DOMINGO DURISIMO Fest
Sabado 23 Marzo 2013 21:00hrs. 4 euros


PERRAS SALVAJES (Madrid)
Crust n´Roll con xente de Estigia, Horror, Camara de Gas...
http://perrassalvajes.bandcamp.com/


THE BURNING LUST (Asturias)
Mieres Punk Rock Heroes con xente de Gruesome Stuff Relish, Altar of Giallo....
http://www.youtube.com/watch?v=ygiWKKztARM
http://www.youtube.com/watch?v=7NF3FKAs_RA
http://www.youtube.com/watch?v=9JkOv56FeFI


BLACK PANDA (Coruña)
http://blackpanda.bandcamp.com/


EXTINCION (Coruña)
http://xextincionx.bandcamp.com/

INU (Coruña)
http://inuband.bandcamp.com/

ARSIAN (Coruña)
https://www.youtube.com/watch?v=Tbbr0ujZf4M


Lugar: C.S.O. A CASA DA ESTACION
Direccion: Av Ferrol, 71, 15600 Pontedeume, A Coruña

martes, 5 de marzo de 2013

II Asemblea aberta para a creación dunha Cooperativa ecolóxica SÁBADO 9 de MARZO




I Acta do día 2 de marzo de 2013

Hora de inicio: aprox. 18.00 horas 26 persoas
Hora de remate: aprox. 20.00 horas 22 persoas

Primeiramente se fixo unha pequena presentación por parte dun membro do C.S.O. A Casa da Estación e despois unha pequena presentación de cada persoa participante da asemblea, onde soubemos as motivacións que nos levaron a participar da convocatoria. Desplazouse xente da zona (Pontedeume/Cabanas/Centroña/Ombre/San Xoan) e de Mugardos, Sedes e Narón.

Na conversa foron xurdindo unha serie de ideas e propostas que puxemos en común:
Polo complexo do proxecto, falouse que dende un principio é mellor ir pouco a pouco, comezando polo máis básico para sentar ás bases e para ver cómo é traballar xuntos/as. As intencións serían crear unha rede estable de produtores/as e consumidores/as ademais dun posible proxecto colectivo. Hai unha proposta de comezar cun encontro periódico para distribución/compra ou trueque de produtos frescos de horta. A partir de cómo se desenvolva se iría ampliando o grupo de consumo ata chegar a formar una cooperativa de consumidores.

Respecto ao que consideraremos ecolóxico: nun principio falouse de utilizar a chamada “certificación social” é decir, se estabelecerá unha relación de confianza entre os/as produtores/as e os/as consumidores/as, ademais se irán a coñecer en persoa as leiras.

Diferenciouse entre tres tipos de participación (que son susceptibles de ampliar e de debatir, por suposto): produtor/a, traballador/a colectivo/a, consumidor/a. A maioría da xente mostrouse interesada en participar dos tres proxectos.

Creación dun banco de terras no que a xente poda ter a súa propia horta ou ben traballar nun proxecto colectivo (ou as dúas cousas). Hai un primeiro ofrecemento dunha leira en Vizús e dos terreos anexos ao C.S.O. A Casa da Estación. Estaría ben que a xente comezase a recopilar posibles opcións de cesión de terreos/inmobles/etc.

Creación dun grupo de xente interesada en recuperar sementes e especies da zona.
Hai un porcentaxe alto de xente que pola situación de crise actual precisa dun apoio para seguir adiante. Hai terras, máis habería que facer unha laboura importante de formación, información, asesoramento, ademais de axuda puntual para os traballos máis duros de acondicionamento das mesmas. Neste punto debatimos sobre a necesidade dunha moeda social ou banco de tempo para compensar a falta de solvencia que nun momento dado pode sufrir calquera persoa da cooperativa. Ademais fíxose fincapé na necesidade de trocar o modelo imposto e formular saídas non convencionais aos atrancos que podamos sufrir.

Respecto ao espazo, aínda que o proxecto xurde coa pretensión de contar nun futuro cun espazo propio, e en ausencia doutras propostas, nun principio o reparto/intercambio de produtos frescos así como as asembleas serán no C.S.O. A Casa da Estación.

Outro tema recurrente foi o interese en fomentar a formación e divulgación da cultura ecolóxica.

Creación dunha páxina web, rede de comunicación e buscar un nome para a cooperativa.

Convocouse unha nova asamblea para o sábado 9 de marzo a partir das 17.30 horas no C.S.O. A Casa da Estación.

Todo isto é moi básico, invitamos a todo o mundo a que comece a traballar xa sexa avisando a coñecidos/as que estean interesados/as no proxecto ou xa sexa preparando algunha iniciativa ou idea.

Este correo dende o que estamos a traballar é particular e o seu uso momentaneo a espera de que na nova asemblea concretemos cómo queremos comunicarnos.

Estaría ben que os/as productores/as leven unha lista dos alimentos que poden ofrecer ou ben que non poden cultivar (e así compensar entre leiras e poder ter unha boa selección de especies) e os/as consumidores/as as hortalizas/frutas/plantas medicinais/frutos secos/etc. que máis consumen para así coordinar cultivos.

Tamén poderíamos facer unha listaxe de material que pode ceder cada quen para as xornadas de traballo colectivo.

Poderíamos facer propostas e así entre todos/as escribir a orde do día da vindeira asamblea.
 

Enlace normativa europea de regulación da produción ecolóxica:
eur-lex.europa.eu/LexUriServ/site/es/consleg/1991/R/01991R20…
Consello galego de cooperativas:
www.cooperativasdegalicia.com/
Enlaces cooperativas de consumo:
www.cooperativaxoaninha.org/
www.zocaminhoca.org/
arbore.org/
eirado.org/
loaira.blogaliza.org/
www.semente.info/
www.agradicela.org/
www.covadaterra.org/
panxea.org/panxeablog/
agrelar.net/
Enlaces cooperativas de economía alternativa:
www.opeto.org/
www.coop57.coop/galicia/
fiaregz.wordpress.com/
Velo Aí Vai (outro tipo de traballo que pódese facer en rede):
veloaivai.com/
Enlace Cooperativa Integral Galega (COIGA):
troco.arkipelagos.net/
n-1.cc/.../coiga---a-corunha+comunicación,-coordinación-e-di…
Enlace Cooperativa Integral Catalana:
cooperativa.ecoxarxes.cat/
www.aureasocial.org/es/projectes.../cooperativa-integral-cat…
Permacultura Eiras do Minho:
permaculturaeirasdominho.blogspot.com.es/


Unha forte aperta

lunes, 4 de febrero de 2013

Asamblea aberta para a creación dunha Cooperativa ecolóxica



Nestes tempos de crise, nos que a maioría de alimentos están producidos baixo unhas condicións artificiais e tratados a base de pesticidas e químicos moi perxudiciais para a saúde, no que o traballo asalariado parece que é o único modelo laboral lexítimo -enriquecendo xs mesmxs de sempre baixo condicións de explotación e salarios irrisorios para xs traballadorxs-, queremos propoñer a creación dunha cooperativa local, ecolóxica, que nos axude a tomar as rendas da nosa alimentación, saúde e traballo. A ser nós mesmxs xs que cultivemos os nosos alimentos e a ser nós xs que nos axudemos dunha maneira xusta e igualitaria, dando así resposta directa a esta dura situación dende o asemblearismo e a autoxestión cidadá.

Polo cal convidamos a todxs a participar na asemblea aberta que se celebrará na Casa da Estación o sábado 2 de marzo a partir das 17.30 horas, na que trataremos asuntos moi diversos como a recuperación de hortas en cesión, a creación dunha rede de apoio -na que poden estar representados diferentes gremios como (artesesanía, fontanería, albanelería, educación, informática, etc.)- e a creación dun grupo de consumo consciente.


Somos coñecedorxs doutros intentos para formar unha cooperativa de consumidores no pobo e do interese que desperta poder acceder a unha alimentación e a un traballo sen intermediarixs, nin gravames abusivos, nin toxicidade. Entendemos que é un bó momento para retomar o asunto e perfilar de novo, entre todxs, o que queremos dunha cooperativa.


Estas son algunhas das ideas que propoñemos e que se debatirán, xunto co que todxs vós queirades compartir, na vindeira asemblea:

-Banco de terras: existen propostas de varias persoas de cesión de terras para o cultivo de hortas na vila e arredores.

- Cooperativa de consumidorxs conscientes: no grupo conseguiremos obter productos de alta calidade ecolóxicos a un prezo xusto.

- Grupo de produtorxs locais: se tes unha horta e queres producir en ecolóxico e despois vender ou trocar sen intermediarixs esta é a tua oportunidade, queremos crear unha rede de produtorxs e consumidorxs na cal o fruto das hortas teña unha saída fácil e directa.

-Cooperativa integral.

- Rede de troco.

-Intercambio de sementes e recuperación das mesmas.


Nos gustaría contar coa presenza de tódolos colectivos da zona, asosiacións de veciñxs e demáis xente a título particular que poda estar interesada no proxecto.
Fronte a crise, organízate e participa dunha maneira xusta, directa e democrática na tua vida e na tua vila.

jueves, 3 de enero de 2013