8 de Setembro de 2012
O vindeiro sábado 8 de setembro convidamos-vos a I Xornada anarquista e ao I Punkxea Festival que se celebrará no C.S.O. A casa da estación.
As actividades coas que contaremos serán as seguintes:
11:00h. (e durante todo o día) haberá a disposición de todxs un muro duns 20 metros de
largo por 2 metros de alto para quen desexe facer algún grafiti, plantillas, pintura, etc. relacionado co tema da okupación.
14:00h. Xantador solidario pro-presxs e achegadxs.
18:00h. Palestra sobre loita obreira e anarcosindicalismo.
(Compañeirxs da CNT de Ferrol falarán sobre como nestes días hai outras opcións ó sindicalismo vertical,
así como métodos de acción directa e alternativas na loita contra o
patrón).
19:30h. Palestra sobre anarquismo e represión carcelaria.
(A cargo do compañeiro José M. Botana Cao "Boti" autor do libro Caminando hacía el abismo,
no que conta a sua historia dende que entrou na cadea por primeira
vez no ano 1975 pasando 5 veces ata o ano 2003. Esta é a vida dun
delincuente habitual de ideoloxía anarquista dende a xuventude,
durante os últimos días do franquismo, ata o presente. A cadea e a
loita contra a mesma, así como os movementos políticos que quedaron o
marxe da "transacción" española).
21:00h. Campionato de fubolín, que terá como agasallo un lote de libros.
23:00h. I Punkxea festival
Sutura (punk Donosti)
Alterazión del orden (punk Melide)
myspace.com/alteraziondelorden
The fé kaos (punk chabola Ribeira)
myspace.com/thefekaos
Comando Robalisa (Punk en galego dende Portosín)
Tódalas actividades serán de balde agás o concerto a 4 euros e o
campionato de fubolín que terá un custe de 2 euros por parella.
Durante todo o día haberá espazo dispoñible para distribuidoras alternativas de música, fanzines, libros, artesanía, etc..
Contaremos con zona de campismo e sitio para durmir na casa tamén (traede por favor esterilla e saco de durmir e
quen queira montar tenda tamén deberá traela).
Para chegar a Pontedeume tendes varias opcións, coller o tren que
vos deixa a 100 metros da okupa, tamén hai unha liña regular de bús, e
se vindes en coche está a N-651 (opción que recomendamos) e a AP-9.
Unha aperta e saúde.
Organiza o colectivo anarquista Boo-chan en colaboración co C.S.O. A casa da estación
C.S.O. A casa da estación
Avda. de Ferrol, 71, Punktedeume
No hay comentarios:
Publicar un comentario