Vivimos Nun sistema que privatizou o solo que pisamos converténdoo nunha mercancía mais, implantou un modelo desenrolista salvaxe que se manifesta na masiva proliferación de urbanizacións, campos de golf, autoestradas… e unha serie de infraestruturas, moitas veces innecesarias, xerando graves problemas ambientais e sociais. Os gobernos de quenda implementan estas políticas en beneficio dos intereses empresariais, provocando, entre outras cousas, que as desigualdades entre a clase alta e a clase traballadora sexan cada vez maiores.
Para levar a cabo esta política, o sistema necesita paralelamente apagar toda expresión de resistencia popular. Mentres centos de edificios encóntranse nunha situación de abandono esperando a súa recalificación (e polo tanto o aumento do seu valor especulativo), os locales públicos onde poder reunirse, organizarse e tomar parte nas cuestións que afectan as nosas vidas, están maiormente controlados pola burocracia institucional.
Por iso okupamos. Porque creemos necesario denunciar e loitar contra a especulación urbanística con feitos ademais de con palabras. Porque necesitamos espazo onde aglutinar e impulsar as protestas existentes, crear puntos de encontro para a transformación revolucionaria da sociedade. Porque a pesar de que nos medios privados e públicos de desinformación din que este sistema é democrático, creemos que é hora de conquistar a democracia real coa participación popular na política anticapitalista, activando a loita nos barrios e construíndo así a verdadeira democracia directa.
Porque creemos que okupar é recuperar o que nos pertence, o que pertence a maioría da poboación, a que traballa por un miserable salario construíndo os edificios onde vivimos e amasando o pan que comemos, e que sen embargo despois non e dona do que produce (máis ben cada día nos cobran máis por todo). A penas somos donxs dos nosos propios corpos, que nos obrigan a poñer a disposición de empresarixs e banqueirxs que se enchen os bolsillos a nosa conta. Okupar é, esencialmente, recuperar o que nos foi quitado.
Okupamos porque queremos atacar o pilar principal do sistema capitalista: a propiedade privada (que por encima dos contos de fadas é a escusa para enriquecer máis a quenes máis teñen e afogar a quenes menos teñen).