Vistas de página en total

martes, 27 de octubre de 2015

VII Xornadas micolóxicas Vila de Pontedeume


Programa das VII Xornadas micolóxicas:


Venres 30 de outubro

10:00 h. Pola mañá iremos a recolectar diferentes tipos de cogomelos para realizar a primeira exposición das xornadas. Saída dende a Casa da Estación
17:30 h. Preparación da exposición e clasificación de cogomelos
19:30 h. Introdución o mundo da micoloxía e visita guiada pola exposición


Sábado 31 de outubro

09:30 h. Ruta pola Serra do Forgoselo para clasificar cogomelos acompañadxs de José Ramón Pato, saída dende a Casa da Estación
14:30 h. Xantar micolóxico no Bar Trasteiro
17:00 h. Palestra a cargo de Nes López, "Sobre a problemática do eucalipto e as enmendas presentadas ao proxecto de plan reitor das Fragas do Eume", ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
18:30 h. Palestra a cargo de Jose María Costa Lago, "Das utilidades dos poliporos", Asociación Micolóxica PAN DE RAPOSO
Introdución
O término Poliporo é unha especie de caixón de xastre que da acollida a preto dun milleiro de especies de cogomelos que, ordenados en distintos xéneros, familias e ordes, constitúen unha sistemática tan complexa coma variable pola súa constante revisión.
21:00 h. Concerto de ABRENOITE no local do Colectivo Terra


Domingo 1 de novembro

9:30 h. Ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume para clasificar cogomelos acompañadxs de José María Costa Lago. Saída dende a a Casa da Estación
13:00 h. Xantar micolóxico no Restaurante Andarubel


CSO Casa da Estación (Avda. Ferrol, 71)
Colectivo Terra (Boa Vista, 8)
Máis información e inscricións no tlf. 669497621

unha aperta

lunes, 10 de noviembre de 2014

NOITE DO METAL NO CSO A CASA DE ESTACIÓN.


O día 15 de Novembro, no CSO A Casa da Estación de Pontedeume 
contaremos coa presenza de tres grupazos de metal:
Sacrament (Narón) - https://soundcloud.com/Sacrament-Thras
Serán 3 euriños de entrada e prezos populares!!

miércoles, 29 de octubre de 2014

VI Xornadas micolóxicas de Pontedeume


Cambios de última hora e actividades definitivas.


Os vindeiros 7, 8 e 9 de novembro, organizaremos as VI Xornadas micolóxicas de Pontedeume. O prezo de inscrición serán 20 euros os tres días. Por descontado queda que a xente que non teña recursos e non poda pagar a cantidade que se marque, terá igual dereito a asistir as xornadas.
Unha aperta e saúde.


Venres 7 de novembro no local do Colectivo Terra
20:30 h. Presentación das xornadas a cargo dun membro do C.S.O. A Casa da Estación.
20:40 h. Palestra "Introducción o mundo da micoloxía". A cargo de Manolo Costas, presidente da Asociación Micolóxica Viriato.


Sábado 8 de novembro no C.S.O. A casa da estación
9:00 h. Saída a Serra do Forgoselo. Desta vez nos acompañará o experto en micoloxía Jose Mª Traba Velay..
13:00 h. Descanso e pequeno pincho na Serra do Forgoselo.
15:00 h. Xantar micolóxico na Casa da Estación:
Menú: Empadas, patés micolóxicos, fideuá e revoltos.
17:00 h. Palestra acargo de Jose Mª Traba Velay , membro da Asociación micolóxica "Pan de raposo" de Cee.
"O xénero Russsula"
18:50 Concurso a mellor cesta de cogumelos. Para participar hai que estar inscrito nas xornadas, e consiste en traer unha cesta con dez especies perfectamente catalogadas. (Como agasallo un libro sobre micoloxía )
19:15h. Palestra etnomicoloxía "Aspectos culturais e curiosidades sobre o fungo matamoscas".
José María Costa Lago
Asociación Micolóxica Pan de Raposo
Se xuntamos un grupo de nenos e lles pedimos que debuxen un cogomelo, probablemente un bo número deles representarán na cartolina o típico fungo con forma de paraugas e co sombreiro vermello pintarraxado de lunares brancos. Probablemente tamén algúns deles situarán ao seu carón un enaniño, duende, gnomo ou pitufo, como prefiramos chamarlle. O cogomelo representado non é outro que Amanita muscaria, o fungo dos contos infantís, o fogar dos gnomos do bosque e tamén, para moitos, a seta máis fermosa de todas.
Refuxiada nese mundo de “Irmáns Grimm”, a Amanita muscaria é vítima dun paradoxo cultural, dunha contradición. Por un lado a súa visión produce alegría, curiosidade e nunca deixa indiferente (por iso aparece tanto no mundo da publicidade, porque é unha seta que vende). Pero por outro é considerada por moita xente un fungo moi velenoso e incluso mortal, o máis tóxico de todos, cando non o é.
Esta charla, que leva por título “Amanita muscaria: Aspectos culturais e curiosidades sobre o fungo matamoscas” ten como principal obxectivo mergullar nas causas deste paradoxo, así como divulgar unha serie de datos e curiosidades sobre a Amanita muscaria e que foron recompiladas xa hai uns anos, cando o meu compañeiro Chemi Traba, nunhas xornadas micolóxicas organizadas por PAN DE RAPOSO, emprazoume para esa tarefa.
Na súa conferencia sobre “Curiosidades no mundo dos fungos”, avisaba Chemi da enorme cantidade de literatura e folclore que había en torno ao noso rebentabois. Eu podo dar fé. Froito das miñas pescudas é este traballo do que lles adianto este
GUIÓN-RESUMO
Presentación: Exposición de motivos.
Bloque 1: Amanita muscaria. Descrición.

Caracteres macroscópicos e organolépticos. Caracteres microscópicos: a esporada.
Relación de Amanita muscaria con outras plantas: o hábitat.
Especies afíns, variedades e posibilidades de confusión.
Composición química e toxicidade: muscarina, ácido iboténico e muscimol. Síntomas e tratamento. Comestibilidade.
As peculiares relacións da Amanita muscaria con certos animais:
Vacas, renos e caribúes: animais que se drogan.
As moscas: Amanita muscaria como insecticida natural.
O sapo: compañeiro de tabú e toxicidade.

Bloque 2: Unha aproximación etnomicolóxica. O fungo na orixe das relixións.
Definición de etnomicoloxía.
R.G.Wasson: datos biobibliográficos. Algúns conceptos: micolatría, micofilia vs. micofobia, enteóxenos.
Siberia e o chamanismo: os petróglifos de Dikov.
Colectánea de datos etnográficos.
A cuestión do Soma védico.
Amanita muscaria no Novo Mundo: os Ojibway e os Dogrib. A civilización maia: o Popol Vuh e os Fungos-pedra.
Amanita muscaria en Europa: as Árbores-fungo da arte cristiana medieval. Herexías e bruxerías medievais: cátaros, valdenses e priscilianistas. As plantas das meigas. A furia guerreira dos bersekir.
Bloque 3 : Amanita muscaria na cultura popular.
Cataluña: paraíso de duendes e gnomos.
Bo Nadal e Prospero Aninovo: Papa Noel e os travesos Tengu.
Amanita muscaria na literatura e no cine:
“Alice in wonderland” de Lewis Carroll.
“El oso” de J.J. Annaud.
Arte e publicidade. Amanita muscaria no mundo de todo a cen.
21:00 h. Ruta de pinchos micolóxicos polos bares da vila. (Bar O Trasteiro, Bar O Varadoiro)


Domindo 9 de novembro
10:00h. Saída as Fragas do Eume con Jose Mª Costa Lago.
15:00h. Xantar micolóxico ( bar O Trasteiro).
18:00h. Peche das xornadas.

Puntos de inscrición:
C.S.O. A casa da estacion
Local do Colectivo Terra Pontedeume
Bar O Trasteiro
Bar O Varadoiro
Haberá sitio pra durmir avisando con antelación.

martes, 1 de julio de 2014

Concerto Morroplastia (Punk Madrid) +Avt (Punk madrid) + King Kayman (One man band garage)


O vindeiro 5 de xullo daremos a benvida o verán con estes grupazos que veñen dende Madriz.

http://morroplastia.bandcamp.com/
http://avtpunk.bandcamp.com/
http://kingcayman.bandcamp.com/


A festa será no Cso A casa da estación
Pontedeume avenida de Ferrol número 71 o carón da estación de tren.

lunes, 16 de junio de 2014

Presentación do libro " Guía para o descenso enerxético" venres 27 de xuño as 20:30 h

Véspera de Nada nace coa intención de tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativas e persoas que buscan un futuro para a nosa terra nun contexto de escaseza enerxética permanente que xa comezou.

Queremos concienciar á poboación galega acerca do fenómeno do cénit da extracción mundial de petróleo e dar a coñecer as opcións que temos como individuos e como país para afrontar esta punto de inflexión na Historia da Humanidade.

(http://www.vesperadenada.org/ )


Pontedeume , avenida de Ferrol número 71

martes, 15 de abril de 2014

V Aniversario do C.S.O. A casa da estación





Os vindeiros 9 e 10 de maio, despois de moitas reformas que se fixeron pola casa, celebraremos xunto con vós o V aniversario do centro social okupado A casa da estación.

Venres día 9 de maio

Exposición de fotografías e carteis

20:30 Palestra “Okupación e loitas locais”.

23:00 Campionato de futbolín.


Sábado día 10 de maio

12:30 Actividades para nenas e nenos

15:00 Xantador vegano solidario

17:30 Palestra " O movemento de okupación, casos concretos da Galiza e a historia e loita do CSO Eskuela Taller de Alcorcón”.

22:00 Concertos (a entrada é de balde, mais haberá un bote pola autoxestión da casa no que vós decidides canto queredes aportar a este proxecto. Grazas a vosa axuda poderemos seguir facendo actividades no centro social)

Tardepiache (Fusión,  Ska dende Trasancos)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=XZmFqCsOK3Q
https://www.youtube.com/watch?v=3LpY6-7Vwro


PÖLISONG (Hard Rock dende Ferrolterra)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=Nyp9dB54dD8
Eskakeo (Rock and Roll dende Narón)
Máis información:

https://www.youtube.com/watch?v=hoNVVxEqN34

The Fe Kaos (Punk de chabola dende Ribeira)
Máis información:
https://www.youtube.com/watch?v=t9mMmDIJEjA
Javi Chiru (Cantautor dende Monfero)

La Orquesta apesta (Versións Punk dende Coruña)

O centro social é un proxecto aberto e asembleario no que todo o mundo pode participar. As asembleas son os venres ás 21:00 na casa, estades todxs convidadxs a colaborar no proxecto.
Unha aperta e ata pronto.